Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra empata no engadido ante o Osasuna Promesas

O Pontevedra empata no engadido ante o Osasuna Promesas

Vidorreta culminou a remontada no minuto 96

G24.gal 18/10/2025 19:02

O Pontevedra logrou un empate in extremis ante o Osasuna Promesas en Pasarón. Os navarros gañaban por cero a dous no minuto 87, logo dos goles de Pedroarena e de Jon García, os dous tras erros no despexe da defensa local nunha intensa segunda metade. O conxunto granate non se rendeu en ningún momento e entrou de cheo no partido co tanto de Resende, quen precisou de dous remates para recurtar distancias. O Pontevedra tivo fé e no minuto 96 equilibraba o marcador. O gol de Vidorreta premiaba a insistencia galega, que non cesou no eterno tempo engadido, con petición de penalti incluída. As últimas acometidas non deron froito e o partido acabou con empate a dous. O Pontevedra queda con once puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos