Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra e o Racing xogan esta fin de semana na G2

O Pontevedra e o Racing xogan esta fin de semana na G2

Os dous partidos serán o domingo; o do Pontevedra, en Ceuta (12:00), e o Racing recibe o Mérida

O Deportivo visita o campo do Fuenlabrada

G24.gal 25/11/2022 21:33

O domingo temos dobre sesión de Primeira Federación na G2. Empezamos ao mediodía, co Pontevedra na procura da primeira vitoria lonxe de Pasarón. Conta, porque visitan o Ceuta, cerraportelos cunha soa vitoria. Podería ser o lugar en que os granates acaben co seu mal fado.

Pola tarde, ás 5 e tamén pola nosa segunda canle, veremos a visita do Racing de Ferrol a Mérida. Os de Parralo buscan unha vitoria que lles permita acabar coa mala xeira das últimas xornadas.

Á mesma hora xoga o Deportivo. Farao en Fuenlabrada e sen a compaña da súa afección. Os madrileños teñen o campo en obras e non venden entradas aos seareiros rivais. Os de Óscar Cano veñen de facer o seu mellor partido ante a Leonesa, pero só sacaron un empate.

A xornada de Primeira Federación ábrea o Celta B o sábado. Os de Claudio Giráldez visitan o campo do San Fernando logo da clara vitoria en Balaídos ante o Raio Majadahonda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar