Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra confía o seu novo proxecto a Yago Iglesias

O Pontevedra confía o seu novo proxecto a Yago Iglesias

Adestrou o Compostela durante cinco temporadas e a última campaña e media estivo dirixindo o Zamora

G24.gal 16/06/2023 21:35

Yago Iglesias será o novo adestrador do Pontevedra. O técnico santiagués, tras pasar polo Compostela e máis recentemente polo Zamora, collerá as rendas do cadro granate para tentar lograr o ascenso á 1ª Federación.

Iglesias comezou a súa carreira como preparador físico. Como adestrador dirixiu o Noia e logo o Compostela confiou nel para un proxecto a longo prazo. Foron cinco temporadas (2016-21) coroadas co ascenso a Segunda B e unha permanencia na categoría. En 2021 decidiu deixar o cadro compostelán e agardar por outro proxecto. Mediada a temporada o Zamora cumpriu o seu soño na 1ª RFEF. Non puido manter a categoría e este ano, malia clasificarse para a fase de ascenso, quedou apeado nas eliminatorias. 

Yago Iglesias asina contrato co Pontevedra por unha temporada. Será presentado o próximo luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade