Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra colle aire cunha vitoria en Alxeciras (0-2)

O Pontevedra colle aire cunha vitoria en Alxeciras (0-2)

Yelko Pino marcou os dous goles do equipo granate

O Alxeciras acabou o partido con 9 xogadores

Foto: @AlgecirasCF
G24.gal 18/12/2022 14:54

O Pontevedra gañou 0-2 en Alxeciras, un resultado moi importante, que lles permite aos granates achegarse aos postos de permanencia na Primeira Federación.

O primeiro gol dos galegos chegou no minuto 25. A presión arriba de Yelko e Borja Dominguez deu resultado, co roubo e o gol de Yelko Pino

E xa na segunda metade, no minuto 64, repetiu Yelko Pino. O arbitro sinalou falta directa logo dunha agresion a Rufo no lado contrario da acción e expulsión. Yelko non desaproveitou a ocasión, e marcou un auténtico golazo.

O Alxeciras acabou o partido con 9. A vitoria é a segunda da temporada fóra da casa do Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade