O Pontevedra-Alcorcón estrea as retransmisións da 1RFEF na G2
O partido xógase o domingo ás 19:30 horas
Enfróntase un recén ascendido como o Pontevedra e un equipo que chega da Segunda División
O Pontevedra desconta as horas para comezar unha nova etapa. O domingo pola tarde medirase co Alcorcón, un ex Segunda, no seu primeiro encontro na Primeira Federación.
O adestrador granate Antonio Fernández ten claro o once co que se estreará na liga. Son baixa Cacharrón e Seoane. Así que co equipo practicamente ao completo, Antonio Fernández está tranquilo a dous días do debut.
A pretemporada deixou boas sensacións no grupo. O técnico pide tempo para acoplarse á categoría e seguir medrando. O Pontevedra debuta en Pasarón, ante os seus afeccionados. Antonio Fernández agarda ver un campo cheo que leve o equipo no aire esta primeira xornada.