Publicador de contidos

Publicador de contidos

O parque móbil galego supera os 14 anos, un ano máis ca a media española

O parque móbil galego supera os 14 anos, un ano máis ca a media española

A matriculacións desplomáronse un 35 % nos últimos tres anos

A antigüidade dos coches e a falta de mantemento impactan na seguridade viaria

G24.gal 21/09/2022 14:43

No taller Prado e Granado de Ordes non dan feito. Teñen unha semana de lista de agarda e reparacións severas que facer a uns coches cada vez máis vellos.

"Coches que antes irían a despezamento agora repáranse porque os propietarios non poden mercar outro novo, non hai unha situación económica que axude", explica Manuel Martínez, mecánico.

A situación económica, a falta de stock e a poboación dispersa e rural no caso de Galicia fan que a media de idade dos coches supere os 14 anos e a sitúe entre as máis vellas de España e Europa. Unha tendencia que impacta de cheo na seguridade viaria.

"Nos últimos dez anos multiplicarónse por tres os accidentes mortais con coches de máis de 15 anos", di Mara Garre, directora xeral da Fundación Línea Directa.

"Os mecanismos de seguridade son cada vez máis sofisticados nos vehículos novos e nestes coches vellos non os hai", engade Manuel Martínez.

Ademais, segundo o último informe da Fundación Línea Directa, un de cada cinco coches que van á ITV presenta deficiencias graves. Os vehículos, din, están vellos e con mal mantemento, e iso fainos especialmente letais.

"Hai que telos en perfecto estado, levalos a revisión, ITV e reparacións, trátase de salvar vidas", advirte Mara Garre.

De feito, aseguran que cada ano se poderían evitar 260 mortes se a idade media do parque móbil baixara dos dez anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade