Cargando resultados...
O paro no transporte déixase sentir na cadea de distribución alimentaria
Falta aceite, leite e algúns produtos cárnicos nos supermercados
G24.gal
17/03/2022 14:56
Nos supermercados xa comezan a escasear varios produtos. É o caso do aceite de xirasol e do leite, nalgunhas superficies. Pero se o paro continúa, poden faltar tamén polo e ovos. No caso do peixe hai menos variedade, e hai puntos como a praza da Coruña que ten os postos practicamente desabastecidos.
E na restauración preocupa que o paro continúe porque temen non poder atender as encargas xa pechadas. A Federación de Industrias Alimentarias pídelle ao Goberno que actúe. E recomendan tranquilidade e confianza aos consumidores porque din que os provedores van responder.