Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Parlamento debaterá o xoves o teito de gasto da Xunta para 2027

O Parlamento debaterá o xoves o teito de gasto da Xunta para 2027

O PP garante a súa aprobación, mentres BNG e Democracia Ourensana votarán en contra e o PSdeG decidirá durante o debate 

Parlamento
G24.gal 28/07/2026 13:27 Última actualización 28/07/2026 14:47

O Parlamento de Galicia celebrará este xoves un pleno extraordinario para debater e votar o teito de gasto aprobado pola Xunta para 2027, fixado en 15.022 millóns de euros, un 5,5 % máis ca o exercicio anterior e a cifra máis elevada da historia. 

A Xunta de Portavoces acordou convocar a sesión para as 12:30 horas. Coa maioría absoluta do PPdeG, a proposta sairá previsiblmente adiante. O portavoz popular, Alberto Pazos, defendeu que permitirá reforzar os servizos públicos, impulsar a política de vivenda e preparar o Xacobeo. 

Posición dos grupos 

O BNG e Democracia Ourensana xa anunciaron o seu voto en contra. A deputada nacionalista Olalla Rodil considera que o incremento previsto non dará resposta ás necesidades de Galicia, mentres que Armando Ojea cualificou o aumento de "irrosorio" e denunciou unha suposta discriminación cara a Ourense. 

O PSdeG decidirá o sentido do seu voto durante o debate. A súa portavoz, Lara Méndez, cuestionou as prioridades do Goberno galego e advertiu de que analizarán o contido das contas máis aló das cifras anunciadas. 

Reunión da Deputación Permanente 

Antes do pleno celebrarase unha reunión da Deputación Permanente para abordar a petición do BNG de que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, compareza sobre a posición do Goberno galgo ante o Consello de Política Fiscal e Financiera que se reúne este mércores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade