Publicador de contidos

Publicador de contidos

O papa pide rexeitar o "ollo por ollo" na misa multitudinaria que pecha a súa visita a Bahrain

O papa pide rexeitar o "ollo por ollo" na misa multitudinaria que pecha a súa visita a Bahrain

Francisco viaxou a Bahrain para intensificar o diálogo co Islam e rexeitar xuntos o fanatismo relixioso

Reclamou dignidade para os traballadores migrantes no Golfo Pérsico

 

G24.gal 05/11/2022 12:58

O papa Francisco celebrou unha misa multitudinaria nun estadio na localidade de Riffa, en Bahrain, onde os católicos son case na súa totalidade migrantes procedentes sobre todo das Filipinas e a India. Na homilía pediu rexeitar a lóxica do "ollo por ollo, dente por dente" para poder "acabar coa espiral de vinganza".

O papa presidiu a misa ante preto de 30.000 persoas que encheron este estadio de fútbol e que representaban os preto de 80.000 católicos deste país do golfo Pérsico, pero tamén chegaron fieis dos países veciños como Kuwait, Qatar e Arabia Saudita para asistir, como explicaban algúns, a "algo que sucede só unha vez na vida".

A todos os que asistiron a esta celebración díxolles: "Traio o afecto e a proximidade da Igrexa universal, que os mira e os abraza, quéreos e aléntaos".

Malia os seus problemas de xeonllo, o Papa quixo saudar os fieis e realizou a tradicional volta ao estadio en papamóvil entre os berros de xúbilo dos fieis que gritaron "Viva o Papa" e "Papa querémoste".

Ao longo destes días o pontífice dixo aos líderes musulmáns que o fanatismo hai que condenalo con feitos porque as palabras no bastan. Tamén pediu con insistencia frear a venda de armas, sobre todo a grupos terroristas, e que haxa paz en Ucraína.

Recomendou que se abran ao mundo con valentía, que dediquen recursos á educación e máis espazos para a muller na vida pública.

Francisco conclúe e estadía en Bahrain cunha visita ao colexio Sagrado Corazón, onde se reúne con case 800 mozos de varias relixións.
 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade