Publicador de contidos

Publicador de contidos

O paciente que sobreviviu a doce tumores abre novas portas á ciencia

O paciente que sobreviviu a doce tumores abre novas portas á ciencia

Un camiño para detectar células con potencial tumoral con moita antelación ás probas clínicas

"Potenciando a súa resposta inmune poderiamos axudar a frear o avance tumoral”, din os investigadores

G24.gal 02/11/2022 20:05 Última actualización 02/11/2022 22:18

Durante os seus corenta anos de vida, ese paciente sufriu ata doce procesos tumorais diferentes, polo menos cinco deles malignos, e hoxe o seu caso está considerado absolutamente "excepcional" para a ciencia e abre novas vías de diagnóstico precoz e de inmunoterapia para combater o cancro.

Investigadores do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas de Madrid acaban de publicar os resultados da súa investigación na revista Sciences Advances.

Historia clínica do paciente

Esta persoa tivo o seu primeiro proceso tumoral sendo case un bebé, e cada pouco foi desenvolvendo outros tumores durante os seus corenta anos de vida, cada un deles nunha parte diferente do organismo e distinto do anterior. Ademais, ten manchas na pel, microcefalia e outras alteracións.

Non entendemos como puido desenvolverse durante a súa etapa embrionaria, nin como puido superar todas esas patoloxías”, conta Marcos Malumbres, xefe do grupo de División Celular e Cancro do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas.

O estudo deste singular caso abre “un camiño para detectar células con potencial tumoral con moita antelación ás probas clínicas e ao diagnóstico por imaxe, e tamén unha novidosa vía para estimular a resposta inmune fronte a un proceso canceríxeno”.

Estudo e conclusións do informe

Os investigadores analizaron todo o seu xenoma e atoparon mutacións nun xene (o chamado MAD1L1). En animais, comprobouse que cando hai mutacións nas dúas copias deste xene, o embrión morre; porén, esta persoa ten ambas as copias mutadas e logrou sobrevivir.

“Academicamente non se pode falar dunha síndrome nova por tratarse da descrición dun único caso, pero bioloxicamente si que o é”, segundo o investigador Miguel Urioste, que lidera a Unidade Clínica de Cancro Familiar do CNIO.

Un dos feitos que máis intrigou o equipo investigador foi o dos cinco cancros agresivos que desenvolveu e que desapareceron con relativa facilidade. A súa hipótese di que a produción constante de células con alteracións xerou no paciente unha resposta defensiva crónica contra elas que axudou na desaparición dos tumores.

"Potenciando a súa resposta inmune poderiamos axudar a frear o avance tumoral”, din os investigadores, explicou Malumbres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade