O Ourense perde en Torrelavega (1-0) e segue en perigo
O equipo de Rubén Domínguez non puido aproveitar os resultados dos rivais directos
Un gol de Gándara mantén os das Burgas con 36 puntos e no posto de play out
O Ourense C. F. comezaba o seu partido no Malecón coa ocasión de afastarse cos postos de descenso. Pero, despois dun partido disputado, no que os dous equipos tiveron as súas opcións de levar a vitoria, acabaron perdendo.
O único gol do encontro chegou mediada a segunda metade. Gándara aproveitou o saque dunha falta para marcar.
O Ourense C. F. buscou o empate, pero as súas opcións foron esmorecendo co paso dos minutos. A derrota manteno no posto de play out con 36 puntos. A Gimnástica de Torrelavega comezaba a xornada con catro máis, 40, pero remata sete puntos por riba do primeiro dos postos de perigo.