Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense CF suma o segundo empate consecutivo en Tajonar (1-1)

O Ourense CF suma o segundo empate consecutivo en Tajonar (1-1)

O cadro galego foi gañando moitos minutos cun tanto de Íker Punzano, pero igualou no treito final Dani

Foto: @Osasuna_Tajonar
G24.gal 07/09/2025 17:57

O Ourense CF sumou o segundo empate noutras tantas xornadas da Primeira Federación. Foi en Tajonar diante dun Osasuna Promesas que foi moitos minutos por detrás, pero que cazou a igualada no treito final. 

O Ourense non entrou ben no partido, nun treito inicial no que o Osasuna Promesas movía o balón e achegábase á área de Álvaro Ratón. AS ocasión máis clara chegou a balón parado, nunha falta lateral que Osambela rematou con claridade, pero ás mans do porteiro.

Aos poucos, os das Burgas fóronse estirando, e crearon as mellores ocasións do treito final: un disparo lonxano de David Muñoz que parou Stamatakis, un centro de Amín que cabeceou alto Álvaro Yuste e, no minuto 38, o primeiro tanto. Foi nun balón pasado, que circulou o Ourense CF en zona de medios ata que lle chegou a Hugo Sanz. O centro raso do lateral enviouno á rede Íker Punzano.

Na segunda metade, despois dunha interrupción de varios minutos pola indisposición dunha persoa da bancada, foi Yoldi o xogador local que protagonizou as primeiras incursións. Dani Llácer pediu a revisión por un posible penalti a Kensly, pero o colexiado non apreciou a infracción. E, a seguir, outra revisión por unha caída de Castillo no remate dun centro de Hugo Sanz tampouco conlevaba sanción.

A segunda parte non tiña ritmo polas constantes interrupcións no xogo, pero o Osasuna Promesas acadou o empate nun disparo lonxano que deixou morto Álvaro Ratón. Apareceu Dani González para remachar á rede. Quedaban aínda dez minutos, pero o marcador xa non se moveu. Empate en Tajonar, o segundo en dous partidos para o Ourense CF.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade