Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense C. F. derrota o Fabril e xogará a final de ascenso a 2RFEF

O Ourense C. F. derrota o Fabril e xogará a final de ascenso a 2RFEF

Amin marcou o único gol do partido no minuto 59

G24.gal 01/05/2022 14:12

Na fase de ascenso á segunda federación que se disputa en Santiago, xa temos o primeiro finalista. Vai ser o Ourense Club de Fútbol, que era o equipo que chegaba á fase coa mellor puntuación dos catro. Derrotou pola mínima ao Fabril con este gol solitario de Amin á hora de partido.

O primeiro tempo foi para o equipo fabrilista, ao que lle anularon un gol polémico por posición antirregulamentaria de Jairo. Da man de Mella o equipo coruñés dispuxo das mellores ocasións. 

Na segunda parte o Ourense meteu no partido a Nacho Fariña no centro do campo e esa modificación permitiulle ter o control do encontro. O gol de Amin foi dabondo para acadar o triunfo e meterse na gran final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar