Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense CF cae no Toralín nunha mala segunda metade (2-0)

O Ourense CF cae no Toralín nunha mala segunda metade (2-0)

Os de Dani Llácer recibiron os goles despois do descanso

Perden a ocasión de distanciar ao equipo berciano, que queda a dous puntos

Foto: @SDP_1922
G24.gal 10/01/2026 22:54

O Ourense CF visitaba no Toralín a un rival ao que podía afastar a oito puntos, pero marchan de Ponferrada con dous de colchón sobre a Ponferradina e o descenso.

Foi despois dun partido que comezou con algo máis de dominio local. Un par de lanzamentos lonxanos, e dúas grandes ocasión de Cortés, salvadas con senllas boas paradas de Alberto Sánchez foron a bagaxe.

Pero a acción culminante foi a expulsión de Yuste no minuto 40, logo dunha caída na área castigada por finxir, e unha entrada no centro do campo sobre Frimpong.

Cun xogador menos, e toda a segunda metade por diante, o encontro non pintaba ben. E comezou cun outro lanzamento de Cortés que non colleu portería. Os galegos non renunciaban tampouco a buscar a porta local, e un lanzamento lonxano de César Moreno levaba perigo.

Pero, na seguinte acción, chegaba o 1-0. Foi nunha acción de Borja Vázquez que culminaba cun remate raso para superar a Alberto Sánchez. Era o minuto 10 da segunda metade e o partido complicábase pero, no minuto 60, igualábanse as forzas. Foi logo dunha pisada de Andujar sobre Amín, que acabou co vermello para o local.

Chegaron aí bos minutos do Ourense CF, e unha boa ocasión de Hugo Sanz. Pero o que acabou chegando foi o 2-0. Foi no minuto 71, e levou a signatura de Keita. O Ourense CF non foi quen de refacerse deste golpe e, para colmo de males, Jerín era expulsado tamén no minuto 89.

A derrota deixa ao Ourense CF con 22 puntos ao remate da primeira volta, pero fóra do descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade