Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O oso de Salcedo e os seus criados volveron coas súas falcatruadas no luns de Entroido
O oso de Salcedo e os seus criados tinguen de negro con borralla veciños e turistas
                            G24.gal
                        
                            12/02/2024 20:41
                        
                        
                                Última actualización 12/02/2024 20:52
                        
                        
                    
                    O oso de Salcedo, na Pobra do Brollón, é unha das citas máis agardadas do Entroido ribeirao.
O seu traxe de máis de 30 quilos non lle impide entrar á carreira na praza, sementando o pánico entre un público cada ano máis numeroso.
O oso e os seus criados, armados con borralla, tinguen de negro todo aquel que se lles cruza. E tamén os que non... O peor, polo que se ve, é resistirse ás trasnadas do oso.
É unha festa multitudinaria, con moitos visitantes e con veciños que a viven con especial agarimo. E o mellor de todo é que esta pequena poboación da Pobra do Brollón conta cunha boa canteira para manter viva a tradición.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
                 
            
        