Publicador de contidos

Publicador de contidos

O óso atopado no mar pertence a un dos mozos desparecido ao envorcar un caiac en Porto do Son

O óso atopado no mar pertence a un dos mozos desparecido ao envorcar un caiac en Porto do Son

G24.gal 17/01/2022 13:49

O óso atopado por un pesqueiro en decembro no mar, na costa de Porto do Son, pertence a un dos mozos desaparecidos a bordo dun caiac nesa mesma zona, en xullo de 2020.

O Instituto de Medicina Legal de Galicia encargouse de custodialo e analizar se a orixe do óso era humana, e se podía pertencer a algún dos desaparecidos.

Segundo os resultados do informe preliminar, os restos localizados corresponderían a Javier Hurtado Trillo. O mozo, veciño de Noia, desapareceu canda outro amigo ao envorcar o kaiak en que navegaban. Outra rapaza que ía con eles logrou sobrevivir. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade