O Osasuna solicita unha aclaración polo gol anulado a Abde
Consideran que o VAR trazou mal as liñas e non existe fóra de xogo do Chimy Ávila
No minuto 74 produciuse a xogada polémica do partido entre o Osasuna e o Celta. Un centro de Abde acabou na rede pero a participación do Chimy Ávila resultou decisiva para molestar a Iván Villar. Na realización do partido trazáronse as liñas coas que o VAR decidiu anular o tanto.
O cadro osasunista sacou un comunicado horas despois de rematado o encontro pedindo aclaracións polo acontecido ao entender que "a imaxe ofrecida polo VAR non proba de modo algún a suposta posición irregular do dianteiro". Os navarros lanzan a mensaxe de que se produciu "un grave erro no uso da tecnoloxía que prexudicou de forma notable o Osasuna".
COMUNICADO OFICIAL | El Club Atlético Osasuna solicita al Comité Técnico de Árbitros una aclaración por el gol anulado a Abde.
— C. A. OSASUNA (@Osasuna) March 6, 2023
