O ornitólogo galego illado polo hantavirus xa está de volta en casa, pero confinado
Agora ainda lle quedan por diante dúas semanas de confinamento ata completar os 42 días de corentena
Ricardo Hevia, o ornitólogo galego illado polo gromo de hantavirus no barco Hondius, xa está de volta na súa casa de Cariño. Polo de agora ainda non pode facer vida normal.
Está na súa casa como a maioría dos españois que conviviron durante o gromo de hantavirus no cruceiro Hondius. Só queda illado no Hospital Gómez Ulla de Madrid o último que deu positivo.
Hevia levaba máis de dous meses e medio fora de Cariño. Marchou a finais de marzo para facer un recorrido por zonas que son un paraiso para os apaixoados da ornitoloxía como el. Agora ainda lle quedan por diante dúas semanas de confinamento ata completar os 42 días de corentena, pero xa no seu fogar. Está ben pero di que desexando que pasen esas dúas semanas.