Publicador de contidos

Publicador de contidos

O oportunismo de Pascu asina un novo triunfo do Rácing (2-1)

O oportunismo de Pascu asina un novo triunfo do Rácing (2-1)

Un gol de Pascu no minuto 88 deulle o triunfo

Unionistas apertou no segundo tempo e tivo contra as cordas o Rácing

O oficio, a capacidade de sufrimento dos galegos foi clave

G24.gal 14/12/2025 16:36

Arranque metalúrxico na Malata. Deses de pico e pala, nos que os adestradores enchen de centrocampistas o partido e a pelota gasta os minutos nun ir e vir sen sentido. Nada de alardes. Sen riscos. Así foi a primeira media hora en Ferrol.

Nesas andaba o partido cando unha chegada do Rácing deu cun impecable centro de Álvaro Ramón que cabeceou, no segundo pao, Álvaro Giménez (minuto 37). Gol do Rácing. E a partires de aí, animouse o cadro galego, meteulle unha marcha máis o seu ritmo de xogo e puxo cerco á meta de Unionistas. Dominio infructuoso, máis de empuxe que de ocasións, que non volveu mover o marcador antes do descanso.

Á volta Unionistas tratou de ir arriba e comezou a dominar e a transitar con problemas para o Rácing. Nunha destas encontrou un bo centro e unha cabezada de De Bustos (minuto 61) que empatou o partido. E encheu de dúbidas a Malata. No céspede e na bancada. Porque os verdes non encontraban xeito e porque o rival medrou co gol marcado.

Foron momentos de sufrimento para o Rácing. E os departamentais souberon sufrir. E esperar polo seu momento, que chegou un córner e nun agarrón de Juanje que levou o choque o punto de penalti. Certo é que o o Rácing o fallou, Álvaro Giménez. Pero tamén que esa acción actuou como despertador. E, sobre ela, ergueuse o Rácing para volver encontrarse e botarlle o pano o partido co gol de Pascu (minuto 88).

  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade