Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro viaxou a Valencia con Álvaro Muñoz e Birutis

O Obradoiro viaxou a Valencia con Álvaro Muñoz e Birutis

Beliauskas quedou en Santiago confinado no seu domicilio

G24.gal 22/12/2021 15:02

O Obradoiro viaxou a Valencia sen Beliauskas, confinado no seu domicilio, pero con Álvaro Muñoz recuperado do golpe recibido na súa faciana no encontro co Burgos e con Birutis que mellora dunha doenza na gorxa.

Ao Monbus quédanlle catro partidos para rematar a primeira volta e conta con cinco vitorias.

Co paso das horas, no Obradoiro dánlle maior valor á vitoria ante o Burgos. Unha vitoria que revitaliza o equipo para afrontar o partido aprazado ante Valencia.

Visita un rival que, tras superar un gromo de covid, encadea dúas derrotas consecutivas na Fonteta en apenas tres días. O domingo caeu en liga ante Breogán e onte na Eurocup fronte ao Cedevita.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar