Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Obradoiro rexorde e evita que o Breogán celebre a Copa (100-83)

O Obradoiro rexorde e evita que o Breogán celebre a Copa (100-83)

Birutis dominou baixo os taboleiros con 26 puntos e oito rebotes e o Obradoiro sumou a sexta vitoria

O Breogán terá que agardar a terceiros resultados para festexar a clasificación na Copa

G24.gal 23/01/2022 21:27

O Obradoiro recolleu un gran triunfo no derbi galego ante o Breogán no medio dun ambiente de baloncesto extraordinario (100–83). O Breo tentaba asegurar a clasificación para a Copa, pero terá que agardar a terceiros resultados para que sexa matemática.

O primeiro cuarto foi o único igualado. Lukovic, Bell Haynes e Sergi Quintela anotaban con facilidade para o Breogán e Birutis comezou o seu recital particular con dez puntos no primeiro acto (29–27).

Moncho Fernández: "Gañamos a un equipo que xogará a Copa, que deixou fóra a un equipo de Euroliga"

Oriol Comas: "Tiñan máis ganas ca nós desde o principio. Pasáronnos por riba"

Pero Obradoiro aumentou a intensidade defensiva no segundo cuarto. Dominadores do rebote, foron marchando no marcador ata poñerse por riba dos dez puntos (47–38). Ao descanso o resultado era de 51–40 e Birutis xa se manexaba con dezasete puntos e sete rebotes. 

No terceiro cuarto marchou Obradoiro. Con Scrubb en estado de graza (once puntos) o equipo de Moncho Fernández chegou a ter 21 puntos de vantaxe (67–46). O Breogán tirou de garra para recuperar no marcador pero nunca tivo opcións de meterse no partido. 

De feito, no treito final o Obradoiro volveu estar no limiar dos vinte puntos e festexou un triunfo que levaba tempo agardando. 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos