Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro perde para as vindeiras semanas a Rigoberto Mendoza

O Obradoiro perde para as vindeiras semanas a Rigoberto Mendoza

G24.gal 28/09/2023 19:18

Parecía un golpe sen máis transcendencia. Era o último cuarto do partido contra o Mornar na primeira eliminatoria da previa da Básketball Champions League co encontro sentenciado. Rigoberto Mendoza buscou unha entrada a canastra moi agresiva e acabou caendo de costas. 

O resultado, nefasto para os intereses do equipo santiagués que perderá un dos seus referentes no xogo exterior para as vindeiras semanas. O club confirmou que o xogador sofre unha "apófise transversa dereita en tres vértebras lumbares". 

Non poderá estar nos vindeiros compromisos europeos, decisivos para estaren na fase de grupos da Basketball CL e nos compromisos que afronte de ACB. O club non se molla nos prazos de regreso ás pistas de Mendoza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade