Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Obradoiro perde no Palau (94-77) e ve afastarse a opción de Europa

O Obradoiro perde no Palau (94-77) e ve afastarse a opción de Europa

Foto: EFE
G24.gal 13/05/2023 11:03

Na liga ACB rematou a antepenúltima xornada, e fíxoo coa derrota do Obradoiro na pista do Barcelona. E iso que a posta en marcha dos de Moncho Fernández foi óptima. 15-21 ao remate do primeiro cuarto, grazas aos puntos de Robertson e Blazevic.

O Barcelona tirou de Mirotic para remontar. O montenegrino foise ata os 27 puntos, 40 de valoración, para virar radicalmente a decoración. O final de segundo cuarto e sobre todo un terceiro pletórico de acerto dos barcelonistas deixou o partido decidido.

Nos últimos minutos, o Obradoiro reaccionou da man de Westermann e as triplas de Zurbriggen. Colocaron a desvantaxe por debaixo dos dez puntos pero sen opcións reais de incomodar a vitoria culé.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos