O Obradoiro, pendente de Will Magnay para recibir o Granada
O técnico do Obradoiro non quixo valorar a temporada
O adestrador do Monbus Obradoiro, Moncho Fernández, está pendente da evolución do pivote australiano Will Magnay para saber se pode contar con el no partido deste sábado contra o Granada.
O ex-xogador do Tasmania JackJumpers, que xa non puido xogar o anterior encontro contra o Valencia Basket, continúa con molestias no xeonllo dereito e será dúbida ata última hora.
A baixa de Magnay, fichado o pasado mes de febreiro para suplir a baixa do internacional croata Dragan Bender, deixaría a Rubén Guerrero e Marek Blazevic como únicos pivotes a disposición do técnico Moncho Fernández.
Co permanencia no peto, técnico do Obradoiro aínda non quere valorar a temporada:
"Conseguimos a permanencia a semana pasada. É para estar contentos. As valoracións facémolas no final. Queda traballo por facer".