O Obradoiro exercerá o dereito de tanteo sobre catro xogadores
Tentará manter a Birutis, Robertson e os irmáns Scrubb
O Breogán rexeitou facelo con Kalinovski e Iván Cruz
O Obradoiro ten traballo por díante este verán, xa que varios xogadores remataron o seu contrato. O equipo santiagués, xunto con outros oito clubs da ACB, vai exercer o seu dereito de tanteo sobre catro destes xogadores, Birutis, Robertson, Thomas Scrubb e Phil Scrubb. É dicir, terá a posibilidade de igualar a oferta que presenten outros equipos. Ademáis, o Obradoiro semella estar interesado no pivote lituano Marek Blazevic, do Zalgiris. O Breogán, pola súa parte, renunciou a exercer o seu dereito de tanteo sobre Kalinovski e Iván Cruz, debido o seu elevado custe económico.
Musa ao Real Madrid?
E outro apuntamento, ou curiosidade, do mundo do baloncesto. O ex xogador do Breogán e internacional por Bosnia Herzegovina, Zanan Musa, estaba pendente de confirmar oficialmente o seu destino. Todo apuntaba a que sería o Real Madrid, que aínda non se pronunciou sobre o asunto, pero na FIBA, como poden ver na súa web, xa presentan ao mellor xogador da liga ACB como madridista. Seguro que beben de fontes fíables.