Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Obradoiro discútelle o partido a un Barcelona que sentencia nos últimos tres minutos

O Obradoiro discútelle o partido a un Barcelona que sentencia nos últimos tres minutos

Os santiagueses entraron no último cuarto con nove puntos de vantaxe (68-59)

O Barça igualou no derradeiro cuarto e sacou a súa calidade para decidir (84-89)

G24.gal 31/03/2024 20:20

O Obradoiro estivo no partido ata o final, pero a calidade do Barcelona acabou decidindo nos últimos tres minutos (84-89). E iso que o conxunto catalán comezou marcando diferenzas no primeiro cuarto grazas a un inicio demoledor (8-21). Remataron os dez minutos iniciais cun 15-25 que auguraba un partido máis cómodo para o poderoso Barça. 

O Obradoiro nunca se rendeu e recuperouse no marcador grazas á súa constancia. Empezou achegándose (30-34) e cunha tripla de Dotson poñíase a dous xusto no lecer (44-46). O terceiro cuarto serviu para culminar a remonta. O Barcelona non se atopaba en ataque, e os de Moncho Fernández aproveitaban para abrir distancia (57-51). Ao último cuarto entrouse cun esperanzador 68-59, a máxima vantaxe santiaguesa. 

Pero no último cuarto quedaba a recuperación do Barcelona. Igualou o partido (72-73), que entrou nos últimos tres minutos cunha igualdade máxima (78-78). A calidade neses momentos decidiu. O Obradoiro fallou tres tiros libres seguidos e aproveitouno o Barça para coller unha marxe de cinco puntos que xa non soltaría ata o final (84-89).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos