Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro, afectado por un virus, intentará aproveitar a crise do Bilbao Basket

O Obradoiro, afectado por un virus, intentará aproveitar a crise do Bilbao Basket

O Obradoiro está pendente de Robertson, que aínda non se adestrou esta semana por un proceso vírico

O rival, con tres derrotas seguidas, só gañou un dos seu últimos seis partidos

Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 02/02/2023 17:25 Última actualización 02/02/2023 17:34

O Monbus Obradoiro está pendente de Robertson, que aínda non se adestrou esta semana por un proceso vírico que tamén sufriron Álvaro Muñoz e Leo westermann. O club está atento ao mercado para atopar un substituto para Bender e pelexar, se cadra, por cousas importantes ata o final de liga.

Moncho Fernández: "Estamos constantemente no mercado, cando apareza teñen que darse uns factores deportivos e económicos"

O Obradoiro espera aproveitar a profunda crise do Bilbao Basket. O rival, con tres derrotas seguidas, só gañou un dos seu últimos seis partidos. O Bilbao, incapaz de dar a sorpresa en Europa, chegará á capital galega despois de sufrir unha dolorosa derrota na casa na competición doméstica.

O conxunto vasco caeu na casa de xeito claro por 51-70 fronte ao Joventut de Badalona, cun só xogador, Adam Smith, que alcanzou os dous díxitos de anotación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar