Emiten orde de detención contra a opositora venezolana María Corina Machado
Emiten orde de detención contra a opositora venezolana María Corina Machado
As protestas, que nas últimas horas deixaron 11 falecidos e uns 300 detidos, esténdense polo país
Primeiro foi o presidente do Parlamento venezolano quen manifestou a súa intención de encarcerar a María Corina Machado por considerala responsable dos actos violentos que se están a producir nas protestas. Agora é a xustiza a que acaba de asinar a orden de detención da opositora, que podería producirse nas próximas horas.
Machado respondeu ás ameazas de Nicolás Maduro, que non cede á presión da parte da comunidade internacional que lle esixe transparencia sobre os resultados das eleccións, e reclama que se demostre a vitoria do líder chavista, que segue sen facilitar as actas.
Durante a última protesta, o candidato Edmundo González asegurou que gañou os comicios con máis de oito millóns de votos e pediu aos militares que non repriman os que saen á rúa a protestar.
Mentres tanto, polo menos once persoas, entre elas dous menores, faleceron nas rúas de Caracas no medio da vaga de protestas para rexeitar a vitoria de Maduro como gañador das eleccións presidenciais.