Publicador de contidos

Publicador de contidos

O novo imposto de plusvalía: dúas vías de cálculo para os contribuíntes

O novo imposto de plusvalía: dúas vías de cálculo para os contribuíntes

Os concellos terán seis meses para adaptarse á norma

G24.gal 08/11/2021 15:26

O imposto de plusvalía é a taxa que se paga ao Concello cando se vende, doa ou herda unha vivenda. O pasado 26 de outubro a xustiza tombouno por considerar inconstitucional a fórmula que se usaba para calculalo, que daba a pagar mesmo cando se perdían cartos coa operación.

Dende entón, os concellos non poden cobralo, e iso que, tras o IBI, é o imposto co que máis cartos recadan.

Cando entre en vigor o novo imposto, o contribuínte poderá escoller entre dous métodos o que máis o beneficie.

No primeiro, aplícase sobre o valor catastral un coeficiente que se irá revisando ano a ano segundo estea o mercado inmobiliario.

Na outra opción, tribútase pola diferenza entre o valor de compra e o de venda. Deste xeito, non pagará o imposto quen vendeu a perdas.

Aínda así, o presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o alcalde de Vigo Abel Caballero, recoñece o efecto que terá nas arcas, e pide compensación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar