Publicador de contidos

Publicador de contidos

O novo currículo da ESO elimina o límite dos suspensos para pasar de curso

O novo currículo da ESO elimina o límite dos suspensos para pasar de curso

Inclúe unha nova materia obrigatoria de Tecnoloxía e Dixitalización 

Non se poderá repetir máis dunha vez 

G24.gal 29/03/2022 20:10

O Consello de Ministros aprobou este martes o novo currículo da educación secundaria, que elimina o límite de suspensos para pasar de curso.

A nova educación secundaria estará menos orientada a memorizar contidos e máis á súa aplicación práctica. Todas as materias incluirán actividade lectora. A historia deixará de ensinarse de xeito cronolóxico e farase por bloques temáticos, e os profesores terán máis marxe para decidir métodos e contidos. Ademais, inclúese unha nova materia de Tecnoloxía e Dixitalización obrigatoria nun dos tres primeiros anos da ESO.

A principal novidade é que se poderá pasar de curso sen límite de suspensos: bastará coa decisión do claustro. En calquera caso, non se poderá repetir cada curso máis dunha vez.

O novo currículo entrará en vigor en setembro para primeiro e terceiro e en 2023 para segundo e cuarto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade