Vitoria do Parrulo e empate do Noia na Primeira División de fútbol sala
O cadro ferrolán derrotou ao Córdoba (4-2) e ocupa posto de play off
O Noia Portus Apóstoli empatou co Inter (2-2) e encadea catro xornadas sen gañar
Vitoria do Parrulo Ferrol ante o Córdoba na décima xornada na primeira división de fútbol sala por 4-2. Un partido que se decidiu xa no primeiro tempo cos goles de Gonzalo, de Turbi e de Novoa para os ferroláns.
No segundo tempo a sentenza ferrolá chegou co tanto de Rubén Orzaez dende 35 metros. O Córdoba maquillou o resultado no minuto final. Esta é a quinta vitoria do Parrulo que se pon sétimo na clasificación.
Pola súa banda, o Noia empatou co Movistar Inter e suma catro xornadas sen gañar.
Ós dous minutos marcaba Cecilio para os madrileños. E seis minutos despois Thierry igualaba para os galegos. Houbo que agardar ata o 27 para que o Noia tomase a dianteira. Montero poñía o 2-1. E no 36 igualaba Pirata, que non o celebrou ante o seu ex-equipo.
A oito segundos do final tivo o gol da vitoria o Noia por medio de Rubi. Pero o encontro quedou no 2-2. O Noia suma 11 partidos despois de dez xornadas, cun colchón de seis puntos sobre o descenso.