Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Noia FS roza a proeza ante o Barcelona (0-1)

O Noia FS roza a proeza ante o Barcelona (0-1)

Martel marcou para os culés no minuto 35

Biel tivo o empate no última xogada do partido

G24.gal 06/12/2025 19:11

Xa advertira na previa o técnico do Barcelona, Javier Rodríguez, que viñan a Noia dispostos a xogar con seriedade e dispostos a demostrar que estaban en liña ascendente. E respondendo o anunciado, así se desenvolveron no partido. Co que non contaban é con que este Noia lles saira tan respondón. De feito, o partido estivo no aire, con empate a cero ata o minuto 35, cando Martel conseguiu o gol dos cataláns. Un gol con fortuna, pois o seu tiro petou en Montero.

O Noia nunca baixou os brazos e nos últimos segundos de encontro Biel tivo a opción de empatar, mais o seu intento salvouno de xeito miragreiro Didac, o porteiro do Barça. 

Con estes tres puntos, o Barça volve colocarse a tres puntos do liderato que está en poder do ElPozo Murcia. 32 puntos para os murcianos e 29 para os culés. O Noia transita pola metade da táboa con 17.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar