O Noia completa a temporada perfecta coa Copa Galicia
Derrotou ao Parrulo Ferrol logo dun partido cheo de alternativas (3–3) e decidido nos penaltis
O Noia Portus Apostoli completou a temporada perfecta coa Copa Galicia de fútbol sala. Logo de acadar o ascenso á máxima categoría gañou, por primeira vez na súa historia, o torneo galego derrotando na final o Parrulo Ferrol. O partido rematou con empate (3–3) e decidiuse na quenda de penaltis.
Nun encontro cheo de alternativas o primeiro en marcar foi o internacional Adri para os ferroláns. Empatou deseguido Bruno Gomes. Na segunda metade Peña marcou para o Noia e Pedro conseguiu poñer o empate e levar o partido á prórroga.
No tempo suplementario Adri volvía marcar e poñía o 3–2, pero cando máis preto parecía a Copa para o Parrulo apareceu Bruno Gomes e anotou o definitivo tanto do empate. Na quenda de penaltis o equipo ferrolán tivo dous erros e o Noia só un e levou o título.