Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Negreira remonta na previa da Copa (4-0) e xogará contra un equipo de Primeira División

O Negreira remonta na previa da Copa (4-0) e xogará contra un equipo de Primeira División

Gañoulle ao Textil Escudo cántabro con goles de Brais López (2), Juan Diego e Alberto Freire

G24.gal 05/10/2025 10:56

Viviuse unha auténtica festa no estadio García Calvo: o Negreira xogará a Copa do Rei e enfrontarase a un equipo de Primeira División. Para iso, os negreireses tiñan que remontar o 2-1 recibido en Cantabria, no campo do Textil Escudo. O Negreira logrouno ao grande, goleando no seu rival por catro goles a cero. Os goles foron obra de Juan Diego (23'), Brais López (36' e 51') e Alberto Freire (48'). 

Nos minutos iniciais do segundo tempo, a eliminatoria xa estaba decidida. O vindeiro luns, o Negreira coñecerá o rival nesa primeira rolda de Copa. Será un destes: Oviedo, Alavés, Real Sociedade ou Celta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar