O Nadal chega aos escaparates das tendas antes do previsto
Os comercios levan semanas recibindo pedidos de decoración para as festas
As luces, a música, as cores, a neve artificial... todo esta disposto xa nos escaparates para espertar o espírito do Nadal. Hai semanas que nalgunhas tendas de Vigo viñan notando un incremento da demanda de decoración especial para as festas.
Unha tendencia que confirma o xerente de Pipa y Mima, que explica que ante o alto número de pedidos que recibían a través da súa tenda en liña, decidiron comezar a súa campaña de Nadal dúas semanas antes do que fan habitualmente.
O ano pasado a celebración das festas de Nadal foi máis reducida e semella que este ano se quere recuperar con forza. Aínda queda máis dun mes para Noiteboa, e malia que seguen a recibir mercancía, hai produtos que se esgotan ante a alta demanda.