Publicador de contidos

Publicador de contidos

O río Miño reborda ao seu paso pola cidade de Lugo

O río Miño reborda ao seu paso pola cidade de Lugo

A chuvia deu un respiro e o nivel tende a normalizarse

O Miño asolagou parte das instalación do Club Fluvial
G24.gal 26/12/2022 20:10 Última actualización 26/12/2022 21:26

O Miño desbordou ao seu paso pola cidade de Lugo, aínda que non causou incidencias de importancia. Chegou a superar os tres metros e medio de auga e a cubrir parte dos arcos da ponte romana. A tregua nas precipitacións permitiu que o caudal descendese un pouco ao longo da xornada. Con todo, continúan asolagadas parte das instalacións do Club Fluvial.

"Chove pola Terra Chá e por alá arriba e o río medra", comenta un veciño que se achegou ata o paseo do Miño. 

"Algúns estaban moi desexosos de auga, e mira agora canta hai", di outra veciña.

"Foi máis cheo. Xa debeu baixar un metro ou así", comenta unha veciña.      

A abundante chuvia da fin de semana colmaron o caudal. A chuvia deu un respiro este luns e a situación vaise normalizando. Xa por fin sen paraugas, foi unha tarde para ver o espectáculo que ofrece o Miño.  Foron moitas as persoas que se acercaron para velo de preto. 

"Vivimos noutro lado de Lugo e viñemos ata aquí a miralo". "Había tempo que non se vía así. Tamén facía falta despois dun verán tan seco".               

Ver o Miño tan caudaloso fai inevitable lembrar o baixo que chegou a estar este verán. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos