Cargando resultados...
O ministro de Sanidade alemán avisa os non vacinados do perigo real de morte
Angela Merkel urxe a tomar medidas drásticas ante a evolución da pandemia no país,

G24.gal
23/11/2021 08:06
A chanceler alemá en funcións Angela Merkel urxe a tomar medidas drásticas ante a evolución da pandemia no país, que cualificou de dramática.
Mentres, o titular de Sanidade en funcións Jens Spahn, nunha rolda de prensa para explicar a campaña de reforzo das vacinas, avisou os non vacinados de que corren perigo real de falecer pola covid–19.
Dixo que ao final do inverno, posiblemente, todos en Alemaña estarán vacinados, curados do coronavirus ou mortos.