O Goberno central anuncia axudas europeas de 50 millóns para a industria pesqueira
A convocatoria publicaríase ao longo do primeiro semestre deste 2024

O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, espera completar "con éxito" as negociacións coa Comisión Europea (CE) para lanzar axudas á industria transformadora da pesca -por valor de 50 millóns de euros- durante a primeira metade de 2024.
Hereu referiuse ao sector pesqueiro durante a súa comparecencia deste luns ante a Comisión de Industria e Turismo no Congreso dos Deputados.
"En colaboración co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, esperamos poder completar con éxito as negociacións que estamos a levar a cabo coa Comisión para poder lanzar unha liña de axudas para a industria do sector transformador pesqueiro", dixo o ministro.
A nosa previsión é que esta liña de axudas poida contar cun total de 40 millóns de euros en subvencións e 10 millóns en préstamos. E que esta convocatoria poida saír, se todo vai como queremos, ao longo do primeiro semestre deste 2024.