Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ministro de Agricultura define como "forzada" a proposta de Yolanda Díaz de fixar os prezos dalgúns produtos

O ministro de Agricultura define como "forzada" a proposta de Yolanda Díaz de fixar os prezos dalgúns produtos

G24.gal 13/09/2022 14:07

O ministro de Agricultura rexeitou o proxecto da vicepresidenta Yolanda Díaz de fixar os prezos dalgúns produtos da cesta da compra. Planas non é partidario dunha intervención directa no mercado. Prefire apelar á  responsabilidade do sector, e cre que calquera outra medida sería forzada.

Planas defende que os cidadáns teñan prezos razoables. O ministro de Agricultura está máis próximo á opinión do sector que rexeita a proposta da vicepresienta segunda. Dinlle que a cesta básica non é a mellor solución neste momento e si lle piden unha rebaixa do IVE. Unha petición que tamén fai o Partido Popular, á vez que volve criticar as diverxencias que existen no executivo sobre este asunto.

Hoxe socios habituais do Goberno tamén cuestionan a medida. Dende o PNV falan de improvisación. E dende Esquerra, Rufián centra a crítica na figura de Yolanda Díaz. Unidas Podemos segue defendendo unha que din é beneficiosa para as familias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar