O Ministerio de Transportes destinará 15 millóns á conservación de tres estradas en Lugo
O Ministerio de Transportes destinará 15 millóns á conservación de tres estradas en Lugo
As melloras faranse nas estradas nacional VI e na autovía A-6
O Ministerio de Transportes formalizou por 14,7 millóns de euros un contrato de conservación de estradas na provincia de Lugo.
A duración do contrato é de tres anos, con posibles prórrogas, e enmárcase no programa de conservación e explotación da Rede de Estradas do Estado.
No contrato recóllense actuacións como a vixilancia e atención de accidentes, na rede viaria no inverno, o servizo de control de túneles e comunicacións ou o mantemento de instalacións.
Ademais, incorpora "un proxecto específico de pequenas obras necesarias para mellorar a funcionalidade das vías".
O contrato abarca un total de 104,76 quilómetros de estradas, que inclúen 47,7 quilómetros da autovía A6, ademais da Nacional VI.