O PP abandona as negociacións para a reforma da ABAU
Cualifican de 'pantomima' a última proposta do Goberno
O ministerio estuda adiar un ano a entrada en vigor da nova norma
Os primeiros alumnos en pasar pola nova ABAU non o farán polo menos ata 2028. O Goberno adía un ano a entrada en vigor da nova proba selectiva na procura dun maior consenso coas comunidades autónomas.
Pero tras a xuntanza deste venres, as gobernadas polo Partido Popular decidiron que non van seguir negociando ante o que o que consideran unha pantomima.
Román Rodríguez, conselleiro de Educación, di que"non podemos é ser cómplices, asistentes pasivos dunha participación teatral que está impulsando o ministerio, aceptando algunhas cuestións menores pero non aceptando as cuestións básicas".
O PP insiste en reclamar unha proba única para toda España e máis garantías de que se vai premiar o talento e a capacidade. De nada serviu a última oferta do ministerio de rebaixar do 75 ao 60% o peso na nota final da nova proba de madurez.
Rodríguez cre que "non só vai manter a desigualdade no acceso á universidade, senón que vai incrementar a discrecionalidade e vai supor unha baixada de nivel e esixencia".
A proposta do Goberno reduce os 4 exames actuais a 2. Un deles mestura nunha única proba as materias de historia de España, Filosofía e as linguas. A Real Academia Española ou a Rede Española de Filosofía xa criticaron a proposta.