Publicador de contidos

Publicador de contidos

O metal da Coruña reclama un convenio colectivo que reduza a precariedade

O metal da Coruña reclama un convenio colectivo que reduza a precariedade

Reivindican melloras económicas e restricións na subcontratación

G24.gal 15/01/2022 18:04

Traballadores do metal da provincia da Coruña reclaman un convenio colectivo que reduza a precariedade laboral e recoñeza para todo o persoal o dereito á subrogación que nestes momentos só se aplica no sector público.

A CIG convocou unha manifestación na cidade herculina para reivindicar melloras económicas, restricións na subcontratación e limitacións aos contratos a través de empresas de traballo temporal.

A central sindical denuncia que a negociación do convenio leva dous anos bloqueada. A marcha rematou cunha concentración diante da sede da Confederación de Empresarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade