Publicador de contidos
Publicador de contidos

O medo á covid mingua a participación de voluntarios na Semana Santa de Betanzos

O medo á covid mingua a participación de voluntarios na Semana Santa de Betanzos

Está considerada de Interese Turístico de Galicia

Entre os colaboradores encontramos o deseñador Jorge Vázquez

G24.gal 05/04/2022 21:28

A pandemia segue sobrevoando os preparativos da Semana Santa de Betanzos. Os máis pequenos proban en Betanzos as roupas que levarán acompañando os pasos da Semana Santa, coa ilusión de poder participar por vez primeira ou coa de poder ir a cantas máis precesións mellor. Pero son moitos menos ca outros anos. 

"Antes da pandemia tiñamos como 80 nenos, agora teremos uns 25. É normal, a xente ten medo e non vas obrigar a ninguén", di Milagros López, da Xunta Xestora da Semana Santa de Betanzos.

Preparan tamén os pasos da procesión da Borriquiña que sairá o próximo Domingo de Ramos. Betanzos retomará todo o programado en 2020 con dúas pequenas variacións que nos adianta Santiago Pérez, o párroco da Unidade Pastoral de Betanzos.

"A celebración do Domingo de Ramos que tradicionalmente se facía pola tarde, pasámola á mañá. E logo, unha procesión, a máis recente que creamos no Sábado Santo, a da Soidade, este ano non a imos sacar por medo a non ter portadores"

Os desfiles procesionais decorren polo centro histórico nun contorno medieval e de recollemento que este ano lucirá aínda máis grazas á colaboración do deseñador de moda, o betanceiro Jorge Vázquez.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade