O meco colgado na praza Maior preside o Entroido de Xinzo
O meco foi conducido desde o museo acompañado pola procesión dos fachós
Maceda recupera a loita polo reinado entre as aldeas de Carguizoi e Tioira, unha tradición perdida do seu Entroido
Os xenerais da Ulla fan o segundo dos trinta desfiles
En Xinzo, por suposto, tamén viven o Entroido con intensidade. Esta tarde os fachós percorreron a vila e viviuse un dos momentos máis importantes do seu Entroido: o colgamento do meco.
"Comeza o Entroido, pódese dicir que é verdade, comeza o Entroido".
Desde este sábado o meco xa preside desde a súa atalaia o Entroido de Xinzo. O colgamento é un dos momentos máis representativos desta celebración na que participan os veciños e numerosos visitantes.
Moitos atenderon á recomendación de acudir coa indumentaria axeitada.
O meco, figura esencial no Entroido galego que representa a burla e a sátira, saíra pouco antes do Museo Galego do Entroido para percorrer a zona vella e despois continuar coa procesión ata a praza Maior acompañado de música tradicional, das corozas e dos fachós.
O Entroido de Xinzo, recoñecido como festa de interese turístico internacional, é único de Europa e o máis extenso.
"Un non parar ata marzo, que finalizamos co enterro da sardiña".
Maceda recupera a loita polo reinado entre as aldeas de Carguizoi e Tioira, unha tración perdida do seu Entroido
É tempo de Entroido na provincia de Ourense. E nas aldeas doutra vila ourensá, en Maceda, están xa tamén de Entroido. O sábado puidemos acompañar a veciñanza nunha cita especial, porque este ano recuperan unha das actividades que se perdera hai uns 70 anos: O Reinado de Carguizoi-Tioira e Vilachá. Trátase dunha especie de loita entre as aldeas con regueifas e por suposto, moita retranca e sentido do humor e a presenza dos trastes felos.
Chega o Rei de Carguizou coa súa coroa acompañado dunha grande comitiva para impór o seu reinado na aldea de Tioira... e comeza unha loita entre a veciñanza a base de regueifas.
Unha competencia dialéctica que o consello de '"Novas" resolveu cun empate e todos amigos.
E tamén saíron os felos a facer das súas...O de Maceda é un Entroido rural que mantén intecta a súa esencia.
Que viva!. E tampouco nos libramos desta volta da trastada do Felo.
Os xenerais da Ulla fan o segundo dos trinta desfiles
Os xenerais da Ulla despregaron as súas tropas este serán na parroquia de Santa Mariña de Lucí, no concello de Teo. É o segundo dos trinta desfiles que vai haber nos 8 concellos onde se celebra este Entroido, declararado Festa de Interese Turístico.
As xeneralas da Ulla enfróntase en Lucí, no concello de Teo, na segunda batalla deste Entroido. A tradición ten a súa orixe nos enfrontamentos militares que se viviron na comarca no séxulo XIX. Cada ano, incorpóranse a este exército novos efectivos.
Nos enfontamentos verbais, coñecidos como atranques, fan burla de distintos asuntos locais e persoais que sucederon no último ano. Trinta desfiles coma este vanse celebrar este Entroido nos oito concellos onde se mantén viva a tradición.
Mañá van desfilar na parroquia de Rarís, tamén no concello de Teo. A última batalla deste Entroido será o 15 de marzo en Conxo.
