Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mecalia Guardés queda ás portas do título de Copa

O Mecalia Guardés queda ás portas do título de Copa

Perdeu a final diante do Málaga por 26-33 nun partido no que sempre foi por debaixo no marcador

G24.gal 01/05/2022 14:30

O Mecalia Guardés non puido conseguir o primeiro título de Copa da súa historia. Estivo máis preto ca nunca logo de chegar a unha final na que caeu diante de Málaga por 33-26. 

A única vantaxe que tiveron as guardesas foi o 2-0 inicial. O Málaga conseguiu poñerse rápido por diante no marcador e dominar o partido (3-7). Un tanto de Paula Arcos (minuto 19) achegaba o cadro galego a un só gol (8-9) pero ao final da primeira metade o resultado era de 10-14. 

Na segunda parte o Málaga colleu sete goles de vantaxe de inicio (11-18) e xa mantivo ata o final do partido unha ampla marxe de seguridade no marcador. Tentouno de todos os xeitos o Mecalia pero non conseguiu baixar a diferenza dos seis goles. Ao final 26-33 a prol dun Málaga que consegue a segunda Copa da súa historia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade