Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Marsella anuncia a fichaxe do porteiro mosense Rubén Blanco

O Marsella anuncia a fichaxe do porteiro mosense Rubén Blanco

Estaba na lista do Quinocho, pero onte marchou de Vigo para volver ao Marsella

G24.gal 30/07/2023 19:10

O porteiro de Mos Rubén Blanco (28 anos) seguirá a súa traxectoria deportiva no Marsella. O ano pasado marchou cedido ao equipo francés e, malia non ser titular, deixou unha fonda pegada no club. O Olympique apostou forte polo seu regreso e o Celta non puxo impedimentos para que o seu canteirán marchase. 

Uns 2 millóns de euros ingresa o Celta pola operación. Un xogador que apareceu no primeiro equipo en idade xuvenil para participar de xeito decisivo na permanencia da temporada 12-13. Alternou campañas como porteiro suplente con outras nas que foi o titular (18-19 e 19-20) pero sempre se atopou con algún adestrador que reclamaba outro porteiro para competirlle a titularidade. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade