Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Marisquiño reúne en Vigo milleiros de seguidores dos deportes urbanos

O Marisquiño reúne en Vigo milleiros de seguidores dos deportes urbanos

G24.gal 13/08/2022 18:20

Unha das citas da fin de semana está no festival do Marisquiño, en Vigo, ateigado estes días de patinadores, malabaristas da bici, bailaríns de break ou rapeiros.

Este ano, as competicións espállanse pola cidade: principalmente estarán en Samil e na praza de Vialia. A pista do BMX, situada diante do Náutico, acolle competicións en varias modalidades a partir das catro. Son tres sedes para darlle aínda máis pulo ao festival.

Á mesma hora comezan as exhibicións de break dance. O festival ten tamén unha ampla programación musical. Entre as actuacións da xornada figuran Rapariga ou Confraría Chalana. Os concertos serán no peirao de transatlánticos. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos