O Marisquiño enche os hoteis da cidade e dos arredores de Vigo
Hoxe arranca a XXII edición do Marisquiño
Formarán parte do espectáculo 1.400 participantes de 20 nacionalidades
"Tremendo, esta fin de semana agardamos cheo, cheo a tope durante todo o día", comenta Ramón Pacheco, hostaleiro
"Imos cuadriplicar as vendas, seguro, seguro porque hai moito volume de xente tanto de Francia, ingleses...", apunta Marta Rivas, hostaleira
O sector hostaleiro de Vigo prepárase para unha afluencia masiva de visitantes. Está previsto que máis de 160.000 persoas acudan durante toda a fin de semana a este evento de cultura e deporte urbano, un festival internacional en que van participar 1.400 deportistas de 20 nacionalidades
"Vimos de Portugal, de Brasil e de España"
Así de animadas estaban as rúas esta mañá en Vigo. Cafeterías e restaurantes tiveron que facer reforzos de persoal
"Hoxe mesmo entrou persoal directamente tanto en cafetería coma en restaurante, sen eles non poderiamos facer nada é demasiada xente querendo divertirse, para nós", conta Ramón Pacheco, hostaleiro
"Temos dobre todo e máis persoal para reforzar o traballo que teremos pola tarde sobre todo", explica Chandi Corrales, camareira
Tamén hoxe moito movemento nas recepcións dos hoteis.
"O cartel de completo está posto practicamente en todos os hoteis da cidade e moita veces no extrarradio no só por este evento, senón polas datas en que coincide, que tamén son moi importantes. Evidentemente gran satisfacción porque aumenta moito a presión e cando aumenta a presión, a demanda, e isto indica que os hoteis podemos intentar vender un pouco máis caro que noutros momentos en que non temos esa demanda", conta César Sánchez, presidente da Asociación de Hostalaría de Pontevedra.
Para o venres e o sábado Renfe reforzou os servizos ferroviarios entre Vigo e A Coruña e os bonos con descontos que sacaron dende Madrid xa están esgotados.