Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Mandeo rebordou na preamar da madrugada e anegou varias naves do porto de Betanzos

O Mandeo rebordou na preamar da madrugada e anegou varias naves do porto de Betanzos

É a segunda vez en tres meses que a auga entra nos mesmos negocios 

Os afectados culpan das enchentes tamén a apertura das presas do río 

G24.gal 13/02/2024 15:25 Última actualización 13/02/2024 18:35

O río Mandeo vai ao límite despois das chuvias da borrasca Karlotta, e co tapón das subas da marea o risco de rebordamento é unha ameaza recorrente. Na preamar da tarde o nivel da auga mantívose por debaixo dos catro metros e non chegou a causar problemas, pero na subida desta madrugada si que saíu do leito e volveu provocar danos. O responsable do taller Mandeo Racing, Guillermo Redondo, di que entrou no seu local máis de 20 centímetros. 

Inundouse todo, coches  de clientes, oficinas, todo...foi un desastre 

Hai varias mareas no ano, que é cando entra 

Aínda que estas enchentes están moi influídas polo ciclo das mareas, algúns afectados consideran que o que as agrava é a apertura das presas do río. Piden que se regulen mellor esas aperturas, porque senón por máis que selen as entradas das naves non hai maneira de facerlles fronte á auga e aos estragos que lles causa. Aínda están agardando parte dos pagos dos asolagamentos do outono. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar