Cargando resultados...
O Mallorca impón a lóxica no campo de Barraña (0-4)
O Boiro competiu pero a contundencia de Abdón Prats, con tres goles, decidiu a eliminatoria
G24.gal
01/11/2023 20:59
O Mallorca impuxo a lóxica nun enfrontamento entre o equipo de Primeira División e o de Preferente de Galicia, o Club Deportivo Boiro (0-4). No campo de Barraña viviuse un extraordinario ambiente e a afección premiou durante todo o partido o esforzo dos seus xogadores.
A eliminatoria durou o que tardou Abdón Prats en marcar o primeiro gol, no minuto 24. O dianteiro do equipo balear foi o que decidiu o partido cunha tripla. O segundo fíxoo de penalti no 31 e o terceiro da súa conta, cuarto no partido, tamén o marcou desde o punto fatídico.
O outro anotouno o seu compañeiro en ataque Larin ao pouco de principiar o segundo tempo.